|
1. TEMA
Paisaxe, monumentos, rincóns e rúas de Santiago de Compostela
2. PARTICIPANTES
É un concurso aberto ós escolares que cursen estudos nos centros
educativos de Santiago e arredores. 1ª categoría: de 6 a 9 anos. 2ª categoría:
de 10 a 12 anos. 3ª categoría: de 13 a 16 anos.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións poderanse realizar entre o 1 e o 26 de outubro, na sede da Asociación
Rúa Nueva ou ben a través do
formulario habilitado na páxina web da Asociación.
Tamén
haberá un rexistro o día do concurso, que se abrirá ás 10:30 da mañá e
pecharase ás 11:30. A cada participante asignaráselle un número de rexistro.
4. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
As obras deben ser orixinais e realizadas polos concursantes na Asociación
Rúa Nueva no prazo dado (de 10:30 a 13:30 horas do sábado 27 de outubro).
As pinturas poderanse realizar con calquera técnica. Cada concursante
proverase do seu propio material para a obra. O seu tamaño será como mínimo
de 21 por 29,7 cm. (DIN A4), e como máximo de 42 por 29,7 cm. (DIN A3). Os
autores deberán entrega-las obras identificadas co seu número de rexistro. A
recepción das obras rematadas pecharase ás 13:30 horas. O contido dos traballos
deberase referir necesariamente ó tema do concurso.
5. PROCESO DE SELECCIÓN E DISPOSICIÓN DAS OBRAS
O Xurado fará unha selección das obras premiadas, baseada en consideracións
artísticas e de calidade. O fallo do Xurado será inapelable.
Tódalas obras serán expostas do 1 ó 30 de decembro na sede da Asociación. A
Asociación Rúa Nueva resérvase os dereitos de exhibición, reprodución gráfica e
publicación sen fins comerciais das obras. Os autores e os seus representantes
renuncian ós seus dereitos de imaxe a favor dos organizadores. Os concursantes
poderán retira-las súas obras a partir do 7 de xaneiro.
A Asociación porá o máximo coidado no tratamento e manexo das obras, pero non
se responsabilizará de perdas, accidentes, deterioros, roubos e calquera outro
desperfecto que puidese sufrir a obra durante o seu traslado, manipulación e exposición.
6. PREMIOS
En cada categoría haberá un primeiro, segundo e terceiro premio de material de pintura.
Os colexios dos primeiros premios recibirán unha placa conmemorativa.
É obrigatoria a asistencia dos gañadores ao acto.
Os organizadores resérvanse o dereito de facer modificacións ou tomar
iniciativas non reguladas nas bases, sen prexuízo dos participantes
e sempre que se estime que con isto poida contribuírse a un maior éxito do premio.
Calquera incumprimento das presentes bases por parte do participante
supón a súa inmediata e irrevogable exclusión do concurso.
|